PROCEDEMENTOS ACTUAIS Ó SERVICIO DA ARTE

ARTE BRONCE benefíciase da experiencia de anos de investigación e preparación técnica, tendo formado un equipo de especialistas adoctrinados por tradición no respeto e celo da obra artística. As nosas instalacións permiten abarcar tanto pezas de moi reducidas dimensións como obras de escala monumental.

A técnica empregada da fundición á cera perdida con novos procedementos e o sistema de Microfusión facilitan unha maior especialización e a solución a calquera formato que se poida desexar.

ARTE BRONCE ofrece, ademáis, asesoramento artístico e técnico para a realización de calquer traballo escultórico. Esta á disposición dos artistas para orientar e facer un seguimento do acabado das pezas da súa creación e posúe unha variedade de pátinas que potencian a calidade noble do metal.

© 2004- 2008  Arte Bronce Fundición. Todos os dereitos reservados.